FÚTBOL 8
No BURGO DAS NACIÓNS os nenos e nenas poden practicar fútbol 8 dende os 5 ata os 11 anos. Nestas idades o compañeirismo, o aprendizaxe e a diversión son os nosos piares fundamentais.
PRE BENXAMIN
Nenos e nenas de 6 e 7 anos.
Achegamento ao fútbol a través do xogo, desenvolver a psicomotricidade básica e aprender a compartir e respectar aos compañeiros e rivais.


BENXAMIN
Nenos e nenas de 8 e 9 anos.
Os xogadores xa empezan a entender o xogo colectivo e a dominar as súas primeiras habilidades técnicas individuais nun contorno divertido e motivador así como o valor do esforzo compartido
ALEVÍN
Nenos e nenas de 10 a 11 anos.
A consolidación no Fútbol 8. Unha etapa onde se potencia o talento natural de cada xogador e se traballan aspectos como a toma de decisións no campo, conceptos técnicos e a disciplina deportiva de cara ao salto a fútbol 11.

FÚTBOL 11
No BURGO DAS NACIÓNS o fútbol 11 comprende dende os 12 ata os 18 anos. Nestas idades, o salto ao campo grande céntrase no desenvolvemento técnico, o rigor táctico e a evolución deportiva de cada xogador.
INFANTIL
12 e 13 anos.
O gran salto ao campo grande. É unha etapa de adaptación ás dimensións do campo e á esixencia física do Fútbol 11.
O obxectivo desta etapa táctica ao espazo real de xogo, fomento da autonomía do xogador e consolidación do compromiso co equipo.


CADETE
14 e 15 anos.
Desenvolvemento e madureza deportiva. Unha categoría clave para potenciar a competitividade sa, o rigor táctico e o crecemento tanto físico como mental.
XUVENIL
16, 17 e 18 anos.
Son uns anos de máxima esixencia deportiva onde cada xogador pule os detalles finais da súa formación xuvenil. Competir nestas categorías implica dominar a estratexia colectiva e prepararse para dar o salto ao fútbol sénior.

AD BURGO DAS NACIÓNS
O equipo sénior ten como propósito ser a cabeza visible dos equipos do Clube e futura oportunidade para que os nosos canteiráns poidan ter a posibilidade de xogar a un bo nivel competitivo en Santiago.
A Agrupación Deportiva Burgo das Nacións (Santiago de Compostela) é un club dedicado á formación integral de futbolistas e persoas. Ofrecemos un contorno profesional, inclusivo e estruturado para o desenvolvemento deportivo e persoal do noso fútbol base.
O Burgo nace en 1988 por iniciativa da ANPA do Colexio de Vite, o noso club xurdiu para dar resposta aos cativos e cativas de Vista Alegre, Vite, Pelamios, A Peregrina e Galeras. Tras acadar a súa máxima expansión arredor de 2010 e sufrir un parón na súa actividade en 2024, o Burgo das Nacións renace hoxe con máis forza e ilusión para continuar con máis de 30 anos de legado. "O obxectivo non era só competir, senón ofrecer un espazo de formación deportiva e social no noso barrio."
PREGUNTAS FRECUENTES
XA TE DECIDICHES? Pois ben, só queda inscribirse!
PATROCINADORES
Empresas amigas que apoian á Agrupación Deportiva Burgo das Nacións












